Tuesday, October 21, 2008

Hartismo

O Hartismo, chamado polos tres tenores a anti-anti-arte. Pero logo din que a arte é de todos. Como din os máis vellos, "a ver, en que quedamos", pois quedamos da seguinte maneira. Un antigo amigo da arte un día chegou a un museo e deixou plasmados a tódolos aqueles que pasaron pola sala ao ver aquel esperpento un urinario no medio dunha sala; algúns deles pregunáronse: "¿a quen se lle ocorrería?", outros "¿os baños do museo son estes?" e outros questionábanse "pero, ¿isto é arte?". Este home chamábase Marcel Duchamp creador da obra "A Fonte" que firmou baixo o nome de R.Mutt. 50 anos máis tarde moita xente aínda non entende a súa obra. Algúns deles son chamados hartistas, un grupo de tres guerreiros do anti-anti-arte, seguidores do stuckism, radical e controvertido grupo artístico creado en 1999 por Charles Thomson e Billy Childish. Agora a xente de a pé mira cara o arte contemporáneo e segue a preguntarse: "pero, ¿iso é arte?". Pregunta que tal vez vai dirixido cara un mesmo e cara a historia. Cara un mesmo desde o punto de partida de que as humanidades quedaron relevadas para un grupo moi reducido, donde a historia é mellor enterrala e o interés pola creatividade e a evolución son tratadas como frikismo. Pero tentando chegar un pouco máis alá e logo ¿Vincent Van Gogh, por exemplo, era entendido pola sociedade do seu tempo?.

4 comments:

mariano said...

Hola, Francisco.
Non vexo onde está a contradicción da que falas nos nosos plantexamentos.
E, tes razón, houbo artistas na súa época non recoñecidos e non valorados como mereceron, pero isto non se pode converter nuna coartada para colar un "todo vale" co argumento de que "pode ser que dentro de cen anos sí que sexa valorado como arte".
Entre outras cousas, o antiarte xa ten cumpridos eses cen anos e segue sen ser recoñecido como arte.
Pode ser ora de replantexarse cousas, e abrir un debate que non pode perxudicar a ninguén, e menos o espectador.
Podes buscar todas as contradiccións que queiras no noso manifiesto, igual ata habelas hailas...pero sen dúbida, hai máis contradiccións na outra parte.

avozdevilalba.gal said...

Tamén avozdevilalba.com se fixo eco da polémica en torno ao Hartismo. Pódese ler un artigo no seguinte enderezo:

http://avozdevilalba.blogspot.com/2008/10/mais-que-o-hartismo.html

Apertas.

Juanjo del Amo said...
This comment has been removed by the author.
Juanjo del Amo said...
This comment has been removed by the author.