¿Podo dicir unha palabra?
“¿Podo dicir unha palabra?” ; asi comezaba o preestreo do filme en 3D “Dinosaurios 3D. Xigantes da Patagonia”. Ante toda a expectación dos blogueiros convocados ó evento, o rapaz situado nas primeiras ringleiras do centro alzaba a man para tentar experimentar aquilo que algúns a veces esquecemos: a inxenuidade, a ilusión e a curiosidade. O cativo coa súa man alzada non pasaba desapercibido ante a mirada de anteollos plastificados de cores para ver máis tarde a película. O seu pai tentaba baixarlle a man pero él seguia a erguela, a tentar ser escoitado por unha multitude adulta que na maioría dos casos non tiña tanta curiosidade senón que era outro deses eventos que serven para cear un pouco e beber algo de viño antes de ir para a cama o ver máis tarde na caixa un “Gran Hermano” ou un novo circus televisivo. Pero o neno continuaba coa sua teima, tentaba chegar ao ceo coa súa man, aínda que era despreciado polos sons da experiencia de Blake.
O espectáculo comezou, apagáronse as luces, e o enxebre comezou a tridemensionarse, ata chegar ó prólogo da emisión cinéfila. Uns minutos de risas e gracias dos dinosaurios astronautas que os sons da inociencia querían ver e escoitar. Debuxos animados contadores de contos, historias e feitizos. Ó rematar e case deseguido comezou o documental donde dunha maneira escueta falou dos diferentes tipos de dinosaurios, como apareceron e chegaron a desaparecer.
Pero o raparigo durante o acto saltou, vibrou e ata apretou ao seu pai pensando que o realismo do 3D o ía trabar coas súas largas e afiadas fouces. Fouces blogueiras as que asolaron a mesa que estratexicamente colocada estaba na entrada dunha das 22 salas acondicionadas para a proxección en 3D. Novos dinosaurios que desfixeron en 3 dentadas todo o que alí había ...
O rapaz un dos primeiros de alonxarse dos devoradores, dixo: “ lévome as gafas”. Tal vez, para poder ver aquelas dimensións que non vemos sen elas ...
No comments:
Post a Comment