Tuesday, November 25, 2008
Héctor Francesch
Héctor Francesch cuns inicios autodidactas deixanos as súas innovadoras imaxes que van costruíndo paso a paso a súa inquedante personalidade. O mundo da publicidade rodea a este xoven artista, envolvéndoo no papel dos sugus, os xoguetes de Playmobil, a burbuxeante Coca-Cola ou as montañas do Cola Cao.
Coas súas obras, Francesch tenta ser crítico co mundo no que vive, ou como di el no mundo e época que lle tocou vivir. Dándolle unha volta de rosca a relixión, política e o consumismo.
No mundo da serigrafía é no que atopa a súa maior realización conseguindo unha iconoloxía moi persoal sen deixar unha pegada poética na súa obra que nos fan imaxinar e fantasear con outros mundos, con outras vidas...
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment